FERVENZA DA POMBEIRA

Fervenzas
285

Localización

Parroquia: Bande (San Pedro)

Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 00' 04.5" N - 7º 58' 01.2" W

Descrición

No río Cadós, afluente do río Limia, fórmanse unha sucesión de fervenzas e rápidos antes de chegar ao encoro das Conchas. Para velas collemos a estrada OU-540 que vai de Bande a Lobios e, 500 metros despois de pasar a ponte sobre o río Cadós, hai unha pista á esquerda que leva a unha pequena central eléctrica.

Dende a minicentral hai que remontar o río Cadós ata chegar ás fervenzas. Pódese subir polas dúas marxes, aínda que é máis fácil cruzar o río e subir pola súa marxe esquerda. Chegamos a un muíño onde se atopa a fervenza máis alta, que forma unha gran piscina natural. Pero o camiño non remata aquí e podemos seguir subindo o río para ver outros saltos de auga máis pequenos.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba