LUGAR DE GULFAR

Civil
145

Localización

Parroquia: A Viña (Santaia)

Lugar: Gulfar

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 03.2" N - 8º 04' 01.4" W

Descrición

Conxunto de casas no lugar de Gulfar, case todas elas con muros de cachotería. As casas están moi xuntas e forman un rueiro pintoresco.
Destacar do conxunto de Gulfar, un conxunto de dúas edificacións apegadas de 1925 que hoxe forman unha vivenda unifamiliar. Ambas edificacións presentan muros de cachotería de boas pezas de granito e cuberta de lousa. As edificacións sitúanse de maneira graduada ao longo dun camiño en lixeira pendente. A máis alta ten forma rectangular con dúas plantas. A outra edificación en forma de L.
Arriba