Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA SAGRADA FAMILIA&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA SAGRADA FAMILIA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23034/capela-da-sagrada-familia?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Olveira (Santa María)
Lugar: Campelos
15969 Ribeira - A Coruña
A capela, coñecida popularmente como a capela de Xesús, María e Xosé, pertence ao pazo de Gayoso, aínda que se atopa fóra do recinto e separada por unha pequena pista. Erixiuse nese lugar debido a que alí había dúas sobreiras que haberían de protexela, e dos cales só se conserva unha.
A capela, de grande encanto e sinxeleza, é de planta rectangular cunha única nave dividida en dous tramos por un arco de medio punto apoiado en dúas pilastras pegadas ao muro. A cuberta é a dúas augas con tella curva do país e os seus muros son de cadeirado de granito. Dous pequenos vans ábrense a cada lado do presbiterio. A fachada, segundo as características da bisbarra, é dunha grande sinxeleza simétrica. Iníciase cunha porta rectangular sen decoración, sobre a mesma unha fornela, contendo un relevo en granito da Sagrada Familia, moldurada e rematada por un arco rebaixado que se coroa cunha cruz rematada en volutas. A continuación ábrese un óculo abucinado e no vértice unha peaña sostén a espadana do campanario que está formada por dous machóns unidos por un arco de medio punto que remata nun frontón curvo. No interior consérvase un pequeno retablo rococó bastante deteriorado.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.