IGREXA PARROQUIAL DE SAN PAIO DE CARREIRA

Relixioso
1412
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Carreira (San Paio)

Lugar: Carreira 8

15967  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 32' 56.3" N - 9º 00' 22.6" W

Descrición

Esta igrexa consta dunha única nave, sancristía e campanario. A nave principal ten forma de cruz latina, co brazo transversal moi curto. Divídese en catro tramos por arcos faixóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón ata o presbiterio onde é de cruzaría. O cruceiro está bordeado por catro arcos de medio punto. Aos pés do templo sitúase a tribuna de madeira. A sancristía sitúase na cabeceira, diferenciándose pola súa menor altura. Os muros son de cantería de granito, nos que se abren dúas ventás en cada tramo, unha a cada lado. Unha porta secundaria ábrese no lado norte.
A fachada principal é moi sinxela. Unha porta rectangular sen ornamentos e, sobre esta, unha ventá. Está rematada por unha cornixa a dúas augas, interrompida no lado norte pola torre-campanario.

Acceso

Dende Ribeira, tomamos a estrada xeral C-550 en dirección a Porto do Son e Noia. A aproximadamente 2 km do núcleo urbano atopamos unha rotonda. Nela, tomamos a 3a saída en dirección a Carreira e Aguiño pola estrada CP-7301. Aproximadamente a 3,2 km desta rotando atopamos un desvío indicado á man dereita que conduce á igrexa.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Neoclásico
Barroco
Arriba