IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE PALMEIRA

Relixioso
1473
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Palmeira (San Pedro)

Lugar: Palmeira

Rúa O Adro

15950  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 34' 42.9" N - 8º 57' 34.9" W

Descrición

Esta igrexa levantouse en varias etapas. Iniciada en 1717 pola parte posterior, quedará finalizada en 1907 coa construción da fachada polo arquitecto Antonio Patiño. Consta dunha nave única en planta de cruz latina, con dúas dependencias na cabeceira. A nave principal divídese en cinco tramos mediante arcos faixóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón, salvo no cruceiro onde a bóveda é de aresta. Ás capelas laterais accédese a través dun arco de medio punto. As cubertas son a tres augas con tella curva. Os muros son de cantería de granito. A fachada principal concentra toda a decoración. Está composta ao xeito clásico, simetricamente, nunha orde de pilastras pareadas situadas nos extremos, sostendo un elemento moldurado e, sobre el, un frontón triangular con reloxo circular no tímpano. A porta principal remata en arco de medio punto. Sobre esta unha liña de imposta divide a fachada en dous. Na parte superior hai unha ventá semicircular acompañada por outro arco semicircular, con vestixio compositivo de arco triunfal. No vértice da fachada, localízase a torre-campanario, de planta cadrada e formada por dous corpos rematando en cúpula.

Acceso

Dende Ribeira tomamos a estrada xeral AC-305 en dirección á Pobra do Caramiñal e Padrón. A 4 km aproximadamente chegamos ao pobo de Palmeira e atopamos un desvío sinalizado á man dereita que conduce á igrexa.
As rúas de Palmeira son moi estreitas polo que outra opción é tomar o desvío á dereita indicado cara o porto a 4,5 km aproximadamente de Ribeira na mesma estrada AC-305. Aparcamos o coche na beiramar e camiñando polas rúas Canle e Subida Adro, chegaremos directamente á igrexa. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!