Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAMPANARIO DE SAN XOÁN&body=Recoméndoche que leas a información CAMPANARIO DE SAN XOÁN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/230511000270/campanario-de-san-xoan?ctre=39%26langId=gl_ES%26tp=9
O único campanario exento da cidade de Santiago de Compostela é o de San Xoán, situado na “rúa dás Campás de San Xoán”. É unha construción cunha planta de reducidas dimensións, que se atopa encostada a dous edificios residenciais do centro histórico. Actualmente este campanario está composto por unha escaleira de caracol formada por 32 banzos de sillería de granito, que parten dos muros de cachotería que configuran o seu envolvente circular. Esta escaleira unicamente dá acceso a unha plataforma, situada á altura dunha espadana construída, esta tamén, en sillería de granito. A espadana conta con varandas de ferro, carece de campás e sobre ela atópase unha cuberta a dúas augas formada por unha estrutura de madeira.
Sobre a cuberta esta pousado un Agnus Dei de pedra cunha cruz de ferro; os historiadores polo seu formato dátano no s. XI.
Descoñécese con exactitude a data de construción do campanario e dos seus diferentes elementos (escaleira, espadana e cuberta), pero recompiláronse diferentes datos da súa posible historia, no que se atopou documentos dos anos 1524,1576 e 1578 nos que xa menciona a súa existencia.
A espadana deste campanario ten na actualidade formato e estrutura barroca (s. XVII- XVIII), por tanto non corresponde co campanario primigenio, e seguramente este desaparecese.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.