IGREXA DE SANTA MARÍA DE LIRA

Relixioso
331

Localización

Parroquia: Lira (Santa María)

Lugar: Sestelos

15292  Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 58.3" N - 9º 07' 33.3" W

Descrición

A Igrexa de Santa María de Lira foi construída en 1760 e posteriormente ampliada en 1825. Esta construción posúe planta basilical composta por unha única nave estreita e alongada, que se atopa cuberta por unha bóveda. A igrexa está realizada con muros de cantaría e cuberta a dúas, tres e catro augas por tellado de tella. Trátase dunha construción de extremada sinxeleza, con pouca ornamentación exterior, a excepción do campanario, que está cuberto por unha lanterna e pináculos. Interiormente destaca o retablo maior, que alberga varias tallas de santos. Detrás do altar atópase a sancristía, dunha altura inferior ao resto do conxunto e cuberta por unha bóveda. 
Esta igrexa forma parte dun singular conxunto arquitectónico, xunto co hórreo, a casa reitoral e o pombal.

Estilos

Barroco
Arriba