IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LARIÑO

Relixioso
279

Localización

Parroquia: Lariño (San Martiño)

Lugar: Lariño

15292  Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 37.2" N - 9º 06' 56.5" W

Descrición

A Igrexa de San Martiño de Lariño foi construída sobre os restos dunha antiga ermida e reformada con posterioridade no 1954. Ten planta de cruz latina, realizada con muros de cantaría. Interiormente está cuberta con bóveda de canon e exteriormente cóbrese a dúas augas con tellado de tella. Na nave central existe un coro en altura que se ergue sobre fortes piares de pedra. Este espazo, coñecido co nome de sobrado ou tribuna, era ocupado tradicionalmente polos homes durante os actos relixiosos, costume que aínda perdura na actualidade. No interior deste espazo relixioso albérgase un amplo repertorio de tallas de santos, entre as que destaca a figura do seu patrón, San Martiño. Exteriormente esta construción é moi sinxela. Destaca na fachada principal a presenza de pináculos e unha espadana de dous vans, onde se albergan as campás, que está rematada por dous pináculos e unha cruz. Xusto fronte á igrexa, atópase un característico cruceiro.

Estilos

Barroco
Arriba