MUIÑOS DE ARDELEIRO

Etnográfico
83

Localización

Parroquia: Cerqueda (San Cristovo)

Lugar: Ardeleiro

Malpica de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 18.6" N - 8º 47' 17.6" W

Descrición

A forza da auga era a fonte de enerxía que cumpría para poñer en marcha a pesada maquinaria pétrea que formaba o muíño e que permitía converter os grans de millo e trigo en prezada fariña. Normalmente asociámolos ás marxes de caudalosos ríos insertos no corazón dos bosques; no entanto, neste caso ofrecen unha disposición peculiar e pouco común, xa que o conxunto dos cinco muíños de Ardeleiro se atopa sobre unha zona fragosa ante o océano, aproveitando as augas do Rego dos Muíños.
Arriba