FORNO DOS MOUROS

Depósitos arqueolóxicos
82

Localización

Parroquia: Couzadoiro (San Cristovo)

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 40' 12.1" N - 7º 44' 34.8" W

Descrición

O xacemento arqueolóxico de Forno dos Mouros sitúase no alto da Serra da Coriscada. Trátase dunha necrópole neolítica composta por nove túmulos, dos cales dous foron excavados e recuperados para a súa visita. 
O túmulo nº 5 albergaba unha cámara megalítica datada no 4.400 antes de C. Esta cámara foi trasladada ao Museo Ortegalia, onde estivo exposta ata o seu peche, e onde se atopa actualmente. O motivo do seu traslado veu condicionado pola imposibilidade de expoñela in situ cunhas condicións de preservación mínimas e, sobre todo, polo feito de que durante certo tempo esta funcionou exenta.
Arriba