PENA DA ESPADA / COVA DOS MOUROS

Depósitos arqueolóxicos
80

Localización

Parroquia: Forcas (San Mamede)

Lugar: Forcas

32740  Parada de Sil - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 32.0" N - 7º 30' 16.9" W

Descrición

Fenda natural na rocha a modo de cova, de 2’30m de ancho na entrada que se estreita a apenas 1m para dar paso a un fondo alongado de 11’20m. Está mesmo ao pé do Canal Vello, por onde discorre a ruta PR-G 98. Foi canda construción do canal, en 1905, cando apareceu no seu interior a Espada de Forcas, do Bronce Medio (1.500-1.200 a.C.), vinculada a un depósito ritual en rocha en relación a áreas de tránsito ou cursos fluviais, como neste caso o río Mao.
É un dos mellores exemplos de espadas do Bronce conservados en Galicia, depositado actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Na entrada da cova pódese ver un panel cunha reprodución da mesma.
Arriba