IGREXA DE SAN VICENTE DE NOAL

Relixioso
1399

Localización

Parroquia: Noal (San Vicente)

Lugar: Noal

Rúa Iglesia s/n

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 43' 37.9" N - 8º 59' 47.0" W

Descrición

Igrexa de planta de cruz latina. Os muros alternan a manpostería coa cantería de granito, reservada para a fachada e os bordos dos vans. Tanto a nave lonxitudinal como as transversais cóbrense con bóveda de canón. O cruceiro márcase con catro arcos de medio punto, que dan acceso ás capelas laterais e ao presbiterio, que ten pegada, no lado norte a sancristía. Aos pés da nave principal sitúase o coro, ao que se accede por unha escaleira de caracol embebida no muro e que tamén conduce ao campanario. A cuberta no exterior é de tella a dúas augas na nave principal e a tres nas transversais. A decoración concéntrase na fachada principal. Destaca o esvelto campanario situado no vertice da fachada, sobre unha peaña cadrada, é de dous corpos e remata cunha cupulilla con pináculo. A portada componse dun arco de medio punto apoiado en semicolumnas coa porta alintelada nun plano lixeiramente atrasado. Sobre a mesma unha fornela coa imaxe do santo e unha ventá rectangular. Nos extremos da fachada dúas pilastras rematadas con pináculos contribúen á esvelteza do edificio.

Acceso

Dende Porto do Son tómase a C-550, dirección a Noia. A 500 m., á esquerda, está a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!