IGREXA DE SANTO ESTEVO DE QUEIRUGA

Relixioso
560

Localización

Parroquia: Queiruga (Santo Estevo)

Lugar: A Igrexa

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 33.0" N - 9º 01' 17.9" W

Descrición

Igrexa de orixe románica da que conserva a zona do presbiterio. É de planta de cruz latina e os seus muros son de cantería de granito cara ao exterior e de cachotaría cara ao interior e a súa cuberta é a dúas augas con tella. Os muros sosteñen unha bóveda de canón rebaixada na nave central. Dous arcos de medio punto dan paso ás capelas laterais. Un arco de medio punto dá paso ao presbiterio, cuberto cunha bóveda de canón sobre arcos faixóns apoiados en semicolumnas con capiteis e baseas ornamentados. Pegada ao muro norte atópase a sancristía, de planta irregular. No exterior cabe destacar os canecillos románicos da cabeceira. A fachada principal é de gran sinxeleza e remata no seu vértice cunha torre-campanario de planta cuadrangular e cupulilla.
Arriba
Axúdanos a mellorar!