CAPELA DA NOSA SEÑORA DE LORETO

Relixioso
1417

Localización

Parroquia: Noal (San Vicente)

Lugar: Loreto

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 03.9" N - 8º 58' 57.9" W

Descrición

Esta ermida, construída no s. XIX e de reducidas dimensións, é de planta rectangular dunha soa nave con capela na cabeceira máis estreita e planta cuadrangular. A sancristía está engadida no lateral sur do presbiterio. Os muros do templo son de cadeirado de granito e a súa cuberta é a dúas augas de tella. O exterior carece de ornamentación. A fachada principal componse dunha portada rectangular sobre a que se sitúa unha ventá. A fachada enmárcase con dúas molduras laterais a xeito de pilastras coroadas por pináculos. o vértice remata cunha espadana de dúas arcadas de medio punto con pináculos.
Arriba