IGREXA DO MOSTERIO DE SAMOS

Relixioso
846
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Samos (Santa Xertrude)

Lugar: Samos

Avenida Compostela s/n

27620  Samos - Lugo

Coordenadas:
42º 43' 57.0" N - 7º 19' 34.9" W

Descrición

De estilo barroco (finalizada a mediados do s.XVIII), presenta planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior, outra formando cruceiro e tres capelas na cabeceira. Bóvedas de medio canón con casetóns enmarcados por nervios na nave central, no transepto e na capela maior; de aresta nas naves laterais e cúpulas un tanto rebaixadas nas capelas menores. No cruceiro elévase a cúpula semicircular, ornamentada con resaltes converxentes ao xeito de nervios, que encadran casetóns. Exteriormente é octogonal, cun óculo en cada un dos lados, e ao interior arranca dun anel apoiado en pechinas. A fachada é barroca, sen torres nin coroamento, polo que parece incompleta. Dous corpos superpostos separados por unha imposta corrida. O inferior, coa porta centrada entre columnas pareadas baixo unha fornela coroada cun frontón circular, e ventás rectangulares cun óculo enmarcado por senllas pilastras aos lados. O superior, cun rosetón no centro e flanqueado por fornelas coas imaxes de San Julián e Santa Basilisa. Accédese por unha escaleira barroca de dous brazos, do ano 1779.

Acceso

Está na capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba