CASCO VELLO DE AS PONTES

Civil
1041

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: As Pontes de García Rodríguez

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 44.8" N - 7º 51' 06.5" W

Descrición

Na zona vella de Ás Pontes destácanse a Igrexa parroquial de Santa María e o seu cruceiro, as tres pontes conservadas e diferentes vivendas con galerías, corredores e balcóns, algunhas máis de estilo urbano-mariñeiro e outras de típico estilo rural. Aínda podemos comprobar a antigüidade medieval das súas tortuosas rúas, onde antano en lugar próximo á praza Real se situaba o antigo castelo de García Rodríguez, señor de Ás Pontes a partir de mediados do s. XIV. Hoxe non se conserva nin sequera en ruinas, pero moitas das pedras con inscricións de motivos diferentes que podemos atopar nos linteis de ventás e portas dalgunhas casas, foron reaproveitadas das ruínas do castelo. Algunhas destas casas están restauradas, outras abandonadas e outras profundamente reformadas. En torno ao casco antigo pontés foise desenvolvendo a moderna vila en diferentes poboados, sobre todo a partir do auxe industrial e poboacional que supuxo Endesa na zona. O concello ten un plan de protección especial do casco antigo.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!