CÁTEDRA DA LATINIDADE

Civil
1210
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontedeume (Santiago)

Lugar: Pontedeume

Rúa Couceiro Freijomil 5

15600  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 25.3" N - 8º 10' 17.0" W

Descrición

O edificio da Cátedra é un dos máis antigos do casco histórico e a súa pegada na historia da vila é indiscutible, até o punto de que desapareceu fai 150 anos e, aínda hoxe, transformada en Biblioteca Municipal, resístese a perder o seu nome. 
A Cátedra da Latinidade foi fundada en 1580 polo rexedor Juan Beltrán de Anido, por manda testamentaria, para que funcionase como tal á morte da súa muller. Polo tanto a casa é anterior a 1580, sufre o incendio de 1607 e foi reconstruida en 1621. Finalmente foi reedificada en 1822. Devanditas datas poden ser lidas na súa fachada nunha placa e dous linteles situados enriba da porta principal.
Da antiga fábrica do edificio consérvanse os muros exteriores. Na fachada principal, xunto a porta , a modo de orelleiras, ademáis das inscricións anteriormente citadas, hai dous escudos: un deles é o da vila e o outro é descoñecido, dividido en catro cuarteis, aparece labrada a banda dos Andrade. Trátase dunha construción de planta rectangular, con dúas alturas que presentan unha disposición simétrica nos seus vans. Sobresae o pequeno pórtico de columnas na entrada. Os muros, revestidos de branco, contrastan as magníficas pezas de cantería á vista dos esquinaís.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba