IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE ALDURFE

Relixioso
699

Localización

27744  Riotorto - Lugo

Coordenadas:
43º 17' 57.0" N - 7º 18' 03.9" W

Descrición

Igrexa que foi reedificada a principios do século XIX. A nave é rectangular, con capela maior cadrada. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de laxes de granito a dúas augas na nave e a catro na capela maior. O frontis está culminado cunha espadana sinxela de dous vans. O retablo da capela maior é moderno, aínda que conserva imaxes do retablo de estilo barroco que houbo nesta capela. Nas capelas laterais hai dous retablos Barrocos do século XVII.
Arriba