Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTA MARÍA DE CENTROÑA&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTA MARÍA DE CENTROÑA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23383/igrexa-de-santa-maria-de-centrona?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Centroña (Santa María)
Lugar: Centroña
15607 Pontedeume - A Coruña
Igrexa de estilo barroco, realizada no século XVIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O espazo correspondente ao presbiterio posúe maior altura que a nave, realzando así o efecto da súa superioridade simbólica. Aos pés da nave sitúase un coro alto.
Exteriormente, a fachada principal concentra os escasos elementos de decoración. No seu eixe vertical central superpóñense unha porta rectangular rematada por un lintel en arco de medio punto rebaixado, un pequeno oco rectangular e, interrompendo a cornixa, a espadaña dobre rematada en pináculos con bóla. Mostra un grande xogo volumétrico. Os muros, de carga, están revestidos e pintados de branco, exceptuando os esquinais e recerco de ocos, que teñen pedra á vista. Cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.