IGREXA DE SANTA MARÍA DE OMBRE

Relixioso
1363
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ombre (Santa María)

Lugar: Outeiro

15609  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 38.9" N - 8º 08' 38.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, realizada no século XVIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O espazo intermedio entre o presbiterio e a nave áchase diferenciado por un arco triunfal. O presbiterio de maior altura que a nave, atópase cuberto por unha bóveda de aresta. Ao longo da nave ábrense fornelas para situar diferentes imaxes relixiosas. No exterior a fachada principal concentra toda a decoración, revestida e branquexada agás en esquinais e ocos.

No seu eixe vertical central superpóñense unha porta rematada en arco de medio punto, un pequeno oco rectangular e, interrompendo a cornixa, a espadaña dobre rematada en pináculos con bólas. O edificio presenta un interesante xogo volumétrico.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba