IGREXA DE SAN MARTIÑO DE PORTO

Relixioso
1599
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Martiño de Porto (San Martiño)

Lugar: A Torre

15622  Cabanas - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 22.9" N - 8º 10' 29.9" W

Descrición

Igrexa parroquial do século XV, localizada na estrada que conduce a Ares. Consta de dúas zonas diferenciadas: a cabeceira, de estilo renacentista, e a nave e a fachada de estilo barroco. De planta rectangular moi alongada, a nave é máis estreita cá capela e presenta catro tramos marcados por pilares arrimados que crean un efecto rítmico que dá dinamismo ao interior.
O presbiterio tamén é rectangular, posiblemente renacentista, mentres que a nave é barroca; dise que reedificada coa axuda do arzobispo Bartolomé Rajoy. A fachada, de 1788, é sen dúbida o elemento máis sobresaínte. De cornisa curva, pináculos nos extremos e espadana, destaca nela, dentro dun frontón curvo partido, a imaxe ecuestre de San Martiño compartindo a súa capa cun mendigo.

Acceso

Dende Cabanas tomar a N-651. No cruce de Cardeita xirar cara á estrada de Mugardos, a pouca distancia atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba