PUNTA SEAME

Hoteis - 1 estrela
877
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Adina (Santa María)

Lugar: Portonovo

Avenida Laureles s/n

36960  Sanxenxo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 23' 24.9" N - 8º 49' 42.5" W

Descrición

O Hotel Punta Seame é un acolledor e familiar aloxamento, situado na vila mariñeira de Portonovo (Sanxenxo). Dispón de 18 habitacións en dúas plantas, sen ascensor. Atópase a só 120 metros da praia de Canelas e a 5 minutos en coche do centro de Sanxenxo. O centro de Portonovo está a 10 minutos a pé, onde hai unha gran variedade de restaurantes, bares, tendas e outros servizos. Dende o porto pódense coller barcos que fan excursións marítimas moi atractivas, como visitar as Illas Cíes ou as Illas Ons.

As habitacións do Hotel Punta Seame son luminosas e exteriores, con TV LCD, baño privado con bañeira ou ducha, algunhas delas incluso con vistas ao mar. Pola mañá, sérvese un almorzo bufé no comedor.

O hotel dispón dunha terraza exterior con vistas ao mar, para uso exclusivo dos clientes. Ademais, o hotel dispón dun salón social con televisión, xornais e revistas. Hai wifi gratuíto nas zonas públicas.

O hotel ten aparcamento privado, cun custo adicional.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Cuartos familiares
Fálase inglés
Garaxe de pago
Internet / wifi en zonas comúns
Salón de estar
Televisión nos cuartos

Réximes

Almorzo buffet
Data construción: 1990
Arriba
Axúdanos a mellorar!