IGREXA DE SANTIAGO DE SIGRÁS

Relixioso
1701
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sigrás (Santiago)

Lugar: Sigrás de Arriba 6

15181  Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 12.0" N - 8º 21' 56.0" W

Descrición

Igrexa románica do século XII, pero moi transformada. Fachada reconstruída no 1600 e reformada en 1701, sumando elementos góticos, renacentistas, barrocos e neoclásicos. Do románico conserva no interior o muro da nave e o arco de medio punto da capela maior, sustentado por columnas con capiteis decorados con motivos vexetais. No exterior, baixo a cornixa dos muros laterais, sucédense unha serie de canecillos que reproducen curiosas cabezas de animais e monstros. Como elemento singular, destaca a porta do muro sur co seu arco oxival (século XV).

Acceso

Dende Cambre toma a estrada C-550. Unha vez nela tómase cara a A Coruña. A 3 km chégase a Sigrás.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!