IGREXA DE SAN XOÁN DE ANCÉIS

Relixioso
1145
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Anceis (San Xoán)

Lugar: Seoane 20

15181  Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 34.9" N - 8º 21' 25.9" W

Descrición

Construción románica (século XII). Planta dunha soa nave con ábsida e dúas capelas. Cuberta de bóveda de canón, sustentada nas capelas por arcos de medio punto, con capiteis decorados por motivos vexetais. Fachada remodelada en 1878, de corte neoclásico. Fachada principal encalada, dividida en tres panos, deixando a pedra ao aire en pano central e esquinas (cadeirado de granito). En pano central tres corpos: inferior con porta, segundo corpo con ventá enmarcada por dúas pilastras e terceiro corpo rematado en espadaña, que consta á súa vez de dous corpos (inferior con dous arcos de medio punto e superior cun só arco de medio punto que sustenta un pináculo con cruz en centro). As esquinas remátanse tamén en pináculos.

Acceso

Dende Cambre tómase a C-550 cara a Carral. Antes de pasar por debaixo da autoestrada, desvío a man esquerda cara a Ancéis.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!