IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DA PENELA

Relixioso
884
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Penela (Santa María)

Lugar: A Penela 4

27414  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 13.9" N - 7º 28' 40.9" W

Descrición

Da súa orixe románica só queda a torre das campás e a portada principal. Esta presenta arco dobrado de medio punto e guarnición de grosas perlas, ademais de moldura de billetes en directriz apuntada. A torre das campás está separada do corpo do templo. É de planta cadrada, porta de arco semicircular e van para as campás por cada un dos lados. Unha inscrición en latín nun dos lados da torre alude ao nome do construtor e á data do edificio: EGO PELAGIUS FECI HANC TURRIM, ERO MEMORIAM ERA MILLESIMA DUCENTESSIMA, PRIDIE IDUS IULII. No retablo principal, salomónico, atópase unha escultura de Santa Bárbara.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba