IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE O BISPO

Relixioso
738
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Bispo (Santa María)

Lugar: O Bispo

27569  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 45' 00E-" N - 7º 48' 09.0" W

Descrición

É un exemplar do románico avanzado (século XIII-XIV). A planta é rectangular, cun presbiterio de tendencia cadrada, ao que se apega no muro esquerdo a sancristía, cunha porta alintelada de acceso dende o exterior do templo. Os muros que a conforman son, na súa maioría, cantería de granito. A ábsida é case cadrada, e un arco triunfal de medio punto barroco sepáraa da nave. Nesta existían dúas ventás seteiras ata a última reforma que experimentou a igrexa no século XX, en que unha foi tapiada e a outra estragada ao intentar abrirlle máis van e esnaquizarlle parte do derramamento interior. A portada principal ten lintel que oculta un arco que se apoia sobre mochetas de adornos xeométricos. Na parte alta do frontis rompe o muro unha seteira, culminando o frontis cun campanil dun solo van. Lindando coa cuberta consérvanse varios canzorros cortados en caveto. O retablo que se conserva na capela maior é de estilo neoclásico, realizado entre finais do século XVIII e principios do XIX coas imaxes da Nosa Señora das Candeas e o san Xosé. No interior consérvase unha pía bautismal medieval.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!