CASA DA VELA

Civil
1046

Localización

Parroquia: Espasante (San Xoán)

Lugar: O Porto de Espasante

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 43' 33.0" N - 7º 48' 36.0" W

Descrición

Edificio pétreo de estilo neoclásico, de mediados do século XVIII, presenta unha racional planta rectangular cuberta a dúas augas. O interior aínda conserva unha antiga "lareira". Ante as incursións e accións de saqueo por parte dos ingleses e holandeses durante a idade moderna, un párroco de San Xoán de Espasante solicitou en 1703 a dotación de medios de defensa, que uns anos despois se concretaron na instalación dunha garita de vixilancia, dotada cun pequeno corpo militar. A casa áchase nunha situación estratéxica, dende onde divísanse a ría de Ortigueira e os núcleos de Cariño e Porto de Espasante.

Acceso

Dende Santa Marta de Ortigueira tomar a AC-862 dirección Viveiro uns 6,5 km. ata Espasante. Alí coller á esquerda, dirección ao porto, e continuar ata a praza de Santo Antón para tomar de novo á esquerda. A 100 m. á dereita atópase o desvío que conduce á Garita da Vela.
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba