IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE VILAREDA

Relixioso
781
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilareda (San Pedro)

Lugar: Puricelas

27209  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 50' 58.0" N - 7º 51' 42.0" W

Descrición

Igrexa de orixe románica, con reformas importantes ao longo da historia, polo que só se conserva a portada deste estilo. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e o pavimento interior é de laxas do mesmo material. A planta é rectangular no caso da nave, e de tendencia cadrada no caso do presbiterio, de menores dimensións, ao que se pega a sancristía no lateral dereito. A nave dispón de dúas portadas, unha lateral de construción moderna, e a do fronte, de estilo románico. Formada por un arco de medio punto de dúas arquivoltas de baquetón e unha moldura exterior de billetes. A cada unha das arquivoltas corresponde un par de columnas de bases tóricas, con capiteis con motivos vexetais e antropomorfos. As mochetas soportan un lintel no que se acha inscrita nun círculo unha cruz grega. Sobre a portada hai un óculo, e remata o fronte unha espadana de dous troneras e un óculo superior.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba