IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE ORDES

Relixioso
1602
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ordes (Santa María)

Lugar: Ordes

15680  Ordes - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 36.9" N - 8º 24' 24.9" W

Descrición

Igrexa orixinariamente románica, pero sofre importantes reformas a máis significativa en 1864. Ten unha nave de planta de cruz latina, os muros de cachotaría encalados con pezas de cadeirado enmarcando portas, ventás ou na cornixa. A fachada ten porta alintelada con arco de medio punto e cornixamento sostido por ménsulas. Enriba un van con arco de medio punto e un frontón recto decorado cunha cruz. Nos laterais hai reafundimentos, que diminúen a rixidez do muro. Sancristía pegada á ábsida. Dúas torres cadradas rematadas por un corpo cuadrangular máis pequeno, de esquinas oitavadas, coroado por un cupulín e catro vans de medio punto.
Ten retablos con esculturas no seu interior. Consérvase unha imaxe de San Benito procedente do mosteiro de Sobrado dos Monxes

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba