IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE COVELO

Relixioso
652
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Covelo (San Xoán)

Lugar: Eirexe

27217  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 53' 33.0" N - 7º 47' 11.0" W

Descrición

A planta é rectangular, tanto a nave como o presbiterio. Destaca que no fronte ten unha especie de cabido cuberto. Ao alzado esquerdo da nave pégase unha dependencia rectangular que funciona como capela, e entre esta e o presbiterio sitúase a sancristía. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de lousa a dous e catro augas. Á nave accédese dende a portada lateral ou dende a principal, baixo o cabido cuberto, ambas as dúas alinteladas. Na principal consérvase un fragmento dunha antiga inscrición, hoxe ilexible. Tanto o paso da nave ao presbiterio como á capela lateral se fai por medio dun arco de medio punto, no caso do triunfal con restos de pinturas. Consérvanse dous retablos, o da capela maior e o da lateral, ambos os dous de estilo barroco.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!