CASA AS FIDALGAS

Civil
20

Localización

Parroquia: Merille (Santa Eulalia)

Lugar: Vilares

27866  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 35' 51.9" N - 7º 36' 27.5" W

Descrición

Casa indiana: estilo arquitectónico: Autóctono.
Esta vivenda foi construída por Vicente García, emigrante en Cuba no ano 1922. O encargado de realizar as obras foi Luis de Elvira, quen casaría ademais cunha das fillas do promotor.
A idea orixinal era destinar parte da construción a tenda e de acordo a isto fíxose a distribución da casa, aínda que a tenda  nunca chegou a abrirse.
O inmoble é unha construción de planta rectangular que hoxe en día está dividida en dúas vivendas. Na fachada principal destacan as portas e xanelas con elementos de granito, no lateral esquerdo chama a atención o miradoiro de seis corpos e na fachada posterior a galería construída sobre ménsulas de granito.

Arriba