IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE VILARAGUNTE

Relixioso
366
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaragunte (Santa María)

Lugar: A Eirexe

27611  Paradela - Lugo

Coordenadas:
42º 45' 25.9" N - 7º 33' 05.0" W

Descrición

Templo románico dunha soa nave con cuberta a dúas augas. Portada románica con tres arquivoltas con baseas e capiteis ornamentados. No muro lateral norte consérvase unha pequena portada cun arco de medio punto e un pequeno ventanal. Cornixa rectangular ao longo do muro que descansa sobre canecillos e outros elementos ornamentais.

Acceso

Dende a capitalidade municipal, ao pé da gasolineira, coller a estrada LU-P-4201 en dirección a Castro de Rei de Lemos; á altura do polígono industrial e do campo municipal de fútbol, virar á esquerda en dirección a Vilaragunte.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!