CASA DE NOVO

Civil
285

Localización

Parroquia: Ourol (Santa María)

Lugar: Chao de Ourol

27865  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 26.2" N - 7º 38' 25.7" W

Descrición

Casa Indiana: estilo arquitectónico: Versión decorativista da casa autóctona.
O promotor desta vivenda é Manuel López, quen a constrúe en 1926 ao seu regreso de Cuba.
De planta rectangular con dúas alturas e espazo baixo cuberta con iluminación lateral, na planta alta sitúanse os miradoiros que flanquean un balcón situado no centro sobre a porta de acceso; os miradoiros son de agradable deseño, destacando o tellado que os coroa.
O balcón posúe unha balaustrada de sinxelas pezas torneadas. O arco sobre o oco está decorado cunha grilanda cunha máscara na clave. Próximo á porta sitúase un banco de fábrica adornado con motivos de decoración floral: o modernismo de principios de século está presente.
Arriba