CASA DE PUENTES

Civil
33

Localización

Parroquia: Merille (Santa Eulalia)

Lugar: Vilares

27866  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 35' 55.6" N - 7º 36' 27.4" W

Descrición

Casa Indiana: estilo arquitectónico: Autóctono.
A vivenda, construída en 1922, limita coa estrada comarcal 620, un feito que co tempo acabou afectando á estrutura orixinal, pois as obras de ampliación da vía realizadas anos despois implicaron que fose privada do seu peche. Actualmente, nun dos laterais da vivenda aínda se conserva un anaco do mesmo, que estaba formado por muro mampostero sobre o que se dispoñen pequenos alicerces que intercalan enreixados de ferro.
A construción consta de planta cadrada con dous pisos e un faiado; encostado a un lateral álzase unha pequena construción dunha planta que remata en terraza. A fachada destaca pola súa escasa ornamentación na que sobresaen os vans, a moldura que marca os esquinais e o zócalo; a sinxeleza da fachada tenta atenuarse coa introdución de dous miradoiros de planta rectangular. Tamén é importante destacar as contra xanelas de madeira que mostran elaboradas tallas e relevos florais, un deseño que tamén se repite na porta principal de acceso á vivenda.
Arriba