CASA DE REGO

Civil
9

Localización

Parroquia: Ourol (Santa María)

Lugar: Os Colviños

Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 08.5" N - 7º 38' 55.6" W

Descrición

Casa Indiana: estilo arquitectónico: versión decorativista da casa autóctona.
Esta casa foi construída nos anos 20 por Antonio Ladra, emigrado a Cuba. Da construción destaca sobre todo a bufarda con coroación en traza circular, aínda que tamén é importante destacar os dinteles dos recercados, que foxen do vulgar. Como terceiro aspecto a destacar están as carpinterías centrais, en curva.
Notable é tamén a talla da porta, na que poden verse os trazos modernistas.
Arriba