CASA DOS HERMIDA

Civil
2

Localización

Parroquia: Ourol (Santa María)

Lugar: Ourol

27865  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 38.2" N - 7º 38' 34.8" W

Descrición

Casa Indiana de estilo arquitectónico: Eclecticismo.
Construída en 1930, dividido actualmente en dúas vivendas, este edificio chama especialmente a atención polas súas xenerosas dimensións e a contundencia da súa volumetría. Xunto á vivenda aparece un vistoso xardín poboado de camelias nel que pequenos chanzos salvan a cota de acceso. 
A configuración deste inmoble responde á dun cubo de base cadrada e cuberta a catro augas que alberga tres plantas; as súas fachadas carecen de todo tipo de ornamentación. O corpo aparece soportado por cinco pilastras que configuran un soportal de entrada en planta baixa.
Esta vivenda constitúe o primeiro exemplo de arquitectura residencial desta zona en que se aplica a estrutura de formigón en lugar dos tradicionais muros de cantaría.
Arriba