VILLA ESTEVERI

Civil
225

Localización

Parroquia: Merille (Santa Eulalia)

Lugar: Vilares

27866  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 35' 46.9" N - 7º 36' 38.2" W

Descrición

Casa Indiana, construída en 1928.
 
Trátase dun edificio de planta baixa, alta e baixo cuberta. A fachada principal responde o canon clásico de tres ocos por planta, ventás abaixo, balcóns arriba. O volume baixo cuberta está representado por unha bufarda que chega ao pano da fachada.
 
Destacan a entrada entre dúas pseudopilastras de esquemática orde xónica, os voluminosos recercados das ventás do baixo, as balaustradas, a cornixa sostida por abundantes ménsulas e o abarrotado fronte-frontón da bufarda. Todo dentro do máis puro estilo ecléctico de corenta anos antes da construción. Destaca tamén a galería nun lateral da vivenda.
Arriba