CAPELA NOSA SEÑORA DO CARME

Relixioso
204

Localización

Parroquia: Bastavales (San Xulián)

Lugar: Soigrexa

15280  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 27.2" N - 8º 40' 13.6" W

Descrición

Forma parte do fermoso conxunto co adro e igrexa de S. Xulián de Bastavales, quedando xusto por detrás desta, pero a maior altura.
Debido á súa antigüidade, 1706, vén sendo un dos primeiros santuarios galegos destinados á advocación mariana, que se difundiu por Galicia durante a primeira metade do S. XVIII. Polas feituras e tamaño parece máis unha pequena igrexa que unha capela, coa súa torre campanario, bóveda e cúpula ou media laranxa cega no cruceiro.
O retablo, de comezos do S. XVIII, conta de dous corpos, con tres fornelas cada un: no de abaixo atópanse as imaxes da Virxe do Carme (no medio), San Xoán Bautista e Santa Tareixa de Xesús. No de arriba: a Virxe do Pilar co apóstolo Santiago axeonllado, San Domingos de Guzmán e San Telmo. Os retablos laterais son neoclásicos, cada un cunha imaxe dunha santa bieita: Santa Xertrude e Santa Escolástica.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba