CASA DA ANDALUZA

Civil
164

Localización

Parroquia: Laxe (Santa María)

Lugar: Laxe

Rúa Pracer 22

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 20.8" N - 9º 00' 19.7" W

Descrición

Unha destas casas singulares que podemos atopar na vila de Laxe é a casa natal do ilustre poeta Antón Zapata e poderiámola situar entre os séculos XVIII e XIX.
Conta cun escudo moi ben labrado e bastante laborioso, pois nel podemos observar unha cadea, un helmo, adornos vexetais, unha empuñadura dunha espada, un castelo, un león e tres lanzas. No lintel da porta principal podemos ler o nome do fundador da casa: “ALABADO SEA JESUS I MARÍA. ESTA CASA LA HIZO D. JOSEP DE LEYS I FALLECIÓ”.
A casa recibe tamén o nome da “Casa da Andaluza” porque nela viviu no século XVIII unha nobre xerezana casada cun membro da casa condal dos Moscoso de Altamira.
Arriba