O FORNO DE CATUXA

Turismo rural - Grupo-B (Casa de Aldea)
251
No Camiño de Santiago

Descrición

Esta casa de aldea de tres séculos representa fielmente a tradición galega.. O Forno de Catuxa compendia a maxia da Galicia de antano co confort e sustentabilidade  que agradecen os viaxeiros de hoxe. A factura tradicional de cada espazo perfecciónase co culto á arte, á artesanía, á beleza ... Cada recuncho está pensado para o goce, para a sorpresa, para o descanso.... Madeira, pizarra, e granito, materiais nobres que presiden cada peza. E ó seu carón, o legado orixinal de épocas pasadas, mimado e protexido como voceiro real da nosa historia. Somos parte desta terra xenerosa, aquí afúndense as  nosas raíces e sobre elas construímos un lugar singular, con alma e personalidade. Reivindicamos e  recuperamos cada anaco da nosa herdanza agraria: as manxadoiras das vacas, as gamalleiras do pote ennegrecido na lareira, os respiradoiros das fachadas de granito, as ferramentas que abríron os campos fértiles e as que completaban a tarefa na eira, logo da recolección da colleita.

Estamos orgullosos de cantos neste mesmo lugar deixaron a súa suor , a súa coraxe e a súa vida para erguer esta casa fermosa. E a eles, ás súas mans duras e ó seu corazón inmenso, dedicámoslles, con humildade e agradecemento, este proxecto. E para honralos cada día, rodeámonos de arte. Escultores, pintores e creativos universais  estamparon aquí as súas pátinas e así seguirá sendo por sempre...porque somos como a agua do  río, diferente cada día.  

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Tipos de servizos

Actividades de artesanía
Agricultura ecolóxica
Aparcadoiro
Comedor
Fálase alemán
Fálase francés
Fálase inglés
Internet - Wi-Fi
Prohibido fumar
Salón
Salón de reunións
Tarefas agropecuarias
Tarxetas de crédito (consultar)
Televisor nos cuartos
Xardín / Horta

Aluguer

A casa pódese alugar completa

Réximes

Almorzo buffet
Cea

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Cuartos uso dobre714
Arriba