Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE CONLLE&body=Recoméndoche que leas a información CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE CONLLE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/240923000351/cruceiro-de-animas-de-conlle?ctre=55%26langId=gl_ES%26tp=10
Tratase do cruceiro máis elaborado e artístico dos existentes no concello de Laxe.
Situado nunha propiedade privada, a certa distancia da igrexa parroquial, á beira da estrada de Laxe a Camariñas. O máis salientable é o dobre retablo pétreo que hai colocado sobre a mesa ou pousadoiro que o preside. Formado por dúas placas pétreas: a inferior, rectangular, divídese a súa vez en dous cadros nos que vemos, por unha banda, símbolos da paixón de Cristo (esqueira, martelo, coroa de espiñas e cáliz), e pola outra, unha píntega coas patas dianteiras abertas e a cola enroscada (representación, como a serpe, do pecado orixinal). A peza superior contén catro bustos en relevo, de figuras barbadas, que representan as ánimas do purgatorio. O varal cilíndrico sostén un capitel de molduras circulares con catro caras en relevo en cada esquina. Cruz cilíndrica, con Cristo crucificado no anverso e a Virxe orando no reverso. Temos unha referencia documental alusiva a este cruceiro de data de 1852.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.