IGREXA DE SAN PEDRO DE PARADA DE VENTOSA

Relixioso
862

Localización

Parroquia: Parada de Ventosa (San Pedro)

Lugar: Parada de Ventosa

32896  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 11.0" N - 8º 02' 18.9" W

Descrición

O templo parroquial consta dunha soa nave con arco triunfal sobre pilastras, e presbiterio, ao que se atopa pegado un pórtico sobre robustos piares. A decoración concéntrase na fachada, presenta rebaixes verticais nos extremos, recordando as típicas pilastras, pero desprovistas de baseas e capiteis, que se continúan nos grandes pináculos asentados na cornixa. A porta de acceso recibe como ornamentación anchos encuadros con orelleiras, rematando o conxunto con espadaña, dun corpo de arcos e frontón agudo. No interior os retablos e imaxes ocupan un lugar destacado pola calidade da súa feitura. O retablo maior ocupa todo o ancho do testeiro, desenvolvendo un corpo de cinco rúas entre estípites e ático curvo. Preside o oco central unha fermosa Piedade no interior dun camarín.
Arriba