IGREXA DE SANTA BAIA DE MAUS DE SALAS

Relixioso
918

Localización

Parroquia: As Maus de Salas (Santa Baia)

Lugar: As Maus

32880  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 08.9" N - 7º 55' 31.9" W

Descrición

A igrexa parroquial presenta unha nave e presbiterio máis elevado, con sancristía pegada. Sobria fachada aos pés con porta alintelada e pequeno óculo. A espadaña consta dun corpo de arcos peraltados, e está rematada por frontón. No interior, retablo onde predomina a escultura en relevo: no sagrario, o Bo Pastor en busca da ovella perdida, sobresaíndo uns relevos renacentistas reaproveitados cos Evanxelistas e escenas hagiográficas de Santa Baia.
Arriba
Axúdanos a mellorar!