IGREXA DE SANTIAGO DE REQUIAS

Relixioso
558

Localización

Parroquia: Requiás (Santiago)

Lugar: Requiás

32880  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 54' 28.9" N - 7º 55' 37.9" W

Descrición

A igrexa parroquial atópase en Requiás, debuxando a súa planta un rectángulo, con presbiterio sinalado en altura. A fachada concentra a decoración, enmarcada nos extremos con pilastras rematadas por salientes cornixas que serven de base aos pináculos. A portada enmárcase con baquetóns, apoiados nos ángulos. No centro do frontispicio abre unha ventá proporcionando iluminación ao interior. O conxunto remátase con espadaña de corpos decrecentes e pináculos. No interior do templo, o retablo maior aparece presidido por Santiago. Destaca tamén o altar do San Cristo, con escenas da Paixón.
Arriba
Axúdanos a mellorar!