IGREXA DE SAN COSME DE PIÑEIRO

Relixioso
967

Localización

Parroquia: Piñeiro (San Cosme)

Lugar: Agrochao

15359  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 45.0" N - 8º 02' 18.9" W

Descrición

Igrexa de estilo neogótico, de pedra e formigón, construída a principios do século XX. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave, con dúas pequenas capelas laterais. No interior o edificio é moi sobrio. Aos pés da nave sitúase un coro alto. O espazo correspondente ao cruceiro cóbrese cunha sinxela cúpula. A fachada principal está dividida en tres panos, con vans moi apuntados nos laterais. O corpo central alóngase por enriba da cornixa, dando lugar a unha torre campanario de caractéristicas neogóticas. A cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Acceso

Dende Cedeira, tomar a AC-566 cara a Ortigueira, e a pouca distancia hai un desvío á esquerda cara á igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!