CASA DE ARRIBA DA PONTE

Civil
1040

Localización

Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)

Lugar: Cedeira

Rúa Arriba da Ponte 3

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 41.0" N - 8º 03' 20.0" W

Descrición

Edificio, de formigón e pedra, construído a principios do século XX. Presenta unha fachada simétrica de catro alturas. Na planta baixa mostra unha porta de acceso con marco de cantería e cun remate lixeiramente curvo. Na seguinte planta repítese a estrutura, neste caso en dous vans complementados por balcóns de ferro. Nas dúas últimas plantas destacan unhas galerías corridas moi decorativas, con elementos ornamentais de tipo vexetal e pequenos capiteis. A cornixa áchase rematada por un listón de madeira.

Acceso

No núcleo urbano.
Arriba