IGREXA DE SAN XOÁN DE CRESPOS

Relixioso
1164

Localización

Parroquia: Crespos (San Xoán)

Lugar: San Roque de Crespos

32226  Padrenda - Ourense

Coordenadas:
42º 08' 17.9" N - 8º 09' 24.9" W

Descrición

Igrexa barroca de 1826. No ano 1971 e como consecuencia de que estaba derrubada a maior parte, reconstrúese respectando o seu trazado. Fachada simple con torre barroca, balaustrada e hornacina. Capela lateral dereita da nave central. Boveda de cruceria e retablo barroco coa Virxe Dolorosa, pertence a segunda metade do século XVII.

Acceso

Dende San Roque de Crespos ata ubicación da igrexa 0,2 km.

Estilos

Barroco
Arriba