IGREXA DE SANTA MARÍA DE MONES

Relixioso
1416

Localización

Parroquia: Santa María de Mones (Santa María)

Lugar: Santa María

32357  Petín - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 42.0" N - 7º 06' 33.0" W

Descrición

Igrexa localizada nun antigo castro, dominando o val. Orixe románica, sendo o máis peculiar a súa decoración, na que se representan gravados identificados con táboas de xogo. Estes gravados están localizados na parede sur. Son tres rectángulos decrecentes que levan tres coviñas circulares en cada un dos seus lados, colocados nos ángulos e no centro a unha distancia equidistante. Trátase dun xogo de orixe romana, o "tres en raia".
Arriba