IGREXA DE SAN VICENTE DE ARMEÁ

Relixioso
840

Localización

Parroquia: Armea (San Vicente)

Lugar: Armea

15316  Coirós - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 25.9" N - 8º 11' 12.9" W

Descrición

Igrexa sen estilo definido, dunha tipoloxía rural moi frecuente na bisbarra. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. A fachada principal é lisa, simple e sinxela, sen ningún tipo de decoración.

Acceso

Dende Coirós, tomar a estrada N-VI en dirección a A Coruña ata o indicador de Armeá a man dereita, continuar uns 300 metros aproximadamente ata tomar unha pista a man esquerda e a pouca distancia atopa a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!