Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN MIGUEL DE PEXEGUEIRO&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN MIGUEL DE PEXEGUEIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/24809/igrexa-de-san-miguel-de-pexegueiro?langId=gl_ES
Parroquia: Pexegueiro (San Miguel)
36711 Tui - Pontevedra
Igrexa que pertencía ao antigo mosteiro de Persecario, cuxos restos aínda son visibles no edificio próximo da reitoral, con partes medievais conservadas. A igrexa mostra as influencias do románico da catedral de Tui. Conserva a portada principal e dúas laterais moi interesantes pola repetición de mochetas de bóvidos que sosteñen o tímpano ou a decoración de bólas ou billetes.
O tímpano da portada occidental conta cunha representación do bestiario habitual nas escenas do xuízo final e a apocalipse. A capela maior sería modificada polo bispo Juan Manuel Rodríguez Castañón en 1765. No interior son moi interesantes o retablo do Cristo, de orixinal tipoloxía barroca, e o do Carme, óleo sobre táboa.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.